30 may. 2016

SORTEO LOTES E CESTAS - NÚMEROS PREMIADOS

Os numeros PREMIADOS nos SORTEOS da NOITE DE FIADEIRO son:

- 1ª CESTA GRANDE = 192
- 2ª CESTA GRANDE = 1999
- 1ª Cesta Pequena = 1727
- 2ª Cesta Pequena = 363
- Pandeiro (As trapalladas da Xiana) = 248
- Garrafón pintado (As trapalladas da Xiana) = 1102
- Boneca (As trapalladas da Xiana) = 1228
- Lote de licores Peninsular (1) = 226
- Lote de licores Peninsular (2) = 557
- Lote Licores Dazucena =97
- Lote Licores Dazucena = 937

Podedes contactar connosco no prazo de 30 días (ata o 28 de Xuño) para recoller o voso agasallo. Teléfono 639908005 ou no email rebulir@hotmail.com. 

24 may. 2016

Festeiras e festeiros, bailadores e bailadoras...

Anque parece que de cara a fin de semana anuncian pingueiras, desde Rebulir dicimosvos que nós TEMOS SEGURO DE TROULA. Unha carpa máis grande que a utilizada en anos anteriores velará polo lecer dos nosos visitantes. Serán case 300 metros cadrados os que habilitaremos para que esteades "ao cuberto".

Ademáis, como atractivo engadido... durante a noite teremos reparto de viño, licores, queimada e doces para que o corpo queza e non pare o baile. 

Non hai excusa. Collede zapato cómodo, abrigo e o espítu festeiro e vémonos en VILAVIDAL o vindeiro Sábado 28 !!!