03/04/2011

PRESENTACIÓN DA NOITE DE FIADEIRO

O Vindeiro Sábado día 9 de Abril as 12 da mañá, teremos o acto de presentación da V Noite de Fiadeiro no Salón de Actos do Centro Sociocultural de O Picouto. Simultaneamente publicarase nesta páxina o cartaz e o programa desta edición, que como veredes ven cargada de novidades.

Esta cita, será tamén o marco para a apertura da Exposición "Unha fiestra a Noutrora. Fotografias Antigas de Ramirás e comarca", organizada por Rebulir, e coordinada por Sandra González Sousa. Tedes máis información no blog de Rebulir. http://www.rebulir.blogspot.com/

Xa nos queda pouco !!!