19 feb. 2016

ESTAMOS TRABALLANDO NA EDICIÓN 2016


Cartel da Primeira edición da Noite de Fiadeiro
Xa van dez anos desde que nos xuntamos por primeira vez no Centro Sociocultural do Picouto para facer a primeira Noite de Fiadeiro. Desde aquela levan sido moitas as vivencias que ano tras ano se levan dado por terras de Ramirás, e que nos levaron a convertirnos nunha cita -case obrigrada- para os amantes da música tradicional da Provincia de Ourense, e tamén no resto de Galicia.
 
Estamos a traballar para sorprendervos nesta décima edición cun programa diferente onde, por suposto, no falte a música e o baile tradicional como epicentro da festa.
 
Estade atentos e atentas a este blog e a nosa páxina de Facebook que será onde colguemos todas as novidades.

No hay comentarios: