24 may. 2016

Festeiras e festeiros, bailadores e bailadoras...

Anque parece que de cara a fin de semana anuncian pingueiras, desde Rebulir dicimosvos que nós TEMOS SEGURO DE TROULA. Unha carpa máis grande que a utilizada en anos anteriores velará polo lecer dos nosos visitantes. Serán case 300 metros cadrados os que habilitaremos para que esteades "ao cuberto".

Ademáis, como atractivo engadido... durante a noite teremos reparto de viño, licores, queimada e doces para que o corpo queza e non pare o baile. 

Non hai excusa. Collede zapato cómodo, abrigo e o espítu festeiro e vémonos en VILAVIDAL o vindeiro Sábado 28 !!!   

No hay comentarios: