17 mar. 2017

Cartel da XI Noite de Fiadeiro

Como sabedes, tentamos que cada ano un/unha pintor/a, deseñador/a, debuxante... ilustre o cartel da Noite de Fiadeiro, e deste xeito temos contado con importante nomes do panorama galego (Nuria Diaz, Piquico, Cestola na Cachola, Jose L. Cofán... entre outros). 

Nesta decimo primeira edición optamos por un talento xoven que cremos que traerá frescura a imaxe pública da Noite de Fiadeiro. Deste xeito, será Alba Rodriguez Cid a encargada de dar forma e cor a este soporte. Alba é unha moza ourensá, concretamente do Concello de Cartelle que desde cativa desenvolveu gusto polo debuxo e pola cultura tradicional, esto fai que desde a organización creamos nela como a persoa idónea para unificar estas paixóns nunha imaxe. Ademáis, Alba, é membro da nosa asociación o cal ben seguro se notará no seu quefacer.  

Xa estamos vendo deseños, e aseguramosvos que son prometedores. Esperamos que o cartaz desta edición non vos deixe indeferentes. Pronto nas rúas e nas redes sociais !!!

No hay comentarios: