USUFRUCTO DA BARRA DE BAR DA XI NOITE DE FIADEIRO
13 de Maio de 2017
Condicións:
- O gañador do concurso será aquel particular ou establecemento que faga a maior oferta económica en colaboración coa organización. O mínimo establécese en 250 euros.
- En caso de que dúas ofertas coincidan en cantidade ofertada, será a orde de entrega o que decida a súa elección.
- Neste concurso daráselle prioridade aos establecementos do Concello de Ramirás. No suposto caso de que ningún establecemento de Ramirás concurse abrirase a outros interesados de fora.
- A cantidade acordada será pagada a organización unha vez se teña celebrado a festa.
- A barra será montada por conta do gañador do concurso, e terá que estar lista na mañá do día 13 de Maio de 2017 no lugar de San Andrés (Vilavidal). O lugar para o montaxe da barra será debaixo da carpa que instalará a organización.
- O horario de apertura barra coincidirá co da XI Noite de Fiadeiro (Desde as 17 h. do 13 de Maio ata as 5:00 h. AM do 14 de Maio)
- Unha vez rematada a festa deberase recoller nun prazo máximo de 48 h. A mercadoría non deberá quedar sola durante a noite, en todo caso a organización non se fai responsable dos danos ocasionados.
- Os prezos das consumicións deberán estar acordes ao marcado polo mercado, e ao asumible nunha festa destas características
- O gañador do concurso aparecerá como PATROCINADOR en toda a publicidade da Noite de Fiadeiro.
- A organización facilitará a conexión eléctrica sen custe algún para o gañador do concurso.
- O gañador do concurso deberá colaborar coa organización para conseguir un maior éxito e conservar o espírito da festa.
- O gañador será a única barra existente na festa, e non haberá competencia similar por parte de ningún posto.
- As ganancias conseguidas no total da noite serán na súa integridade para o gañador do concurso.
- As ofertas NON SERÁN PUBLICADAS, quedarán como documento interno da Asociación Rebulir.
- A oferta farase en sobre pechado antes do 15 de Abril seguindo ficha anexa. A ficha deberase enviar por email a rebulir@hotmail.com ou ben por correo postal a Asociación Cultural Rebulir, Pza. San Andres s/n. Vilavidal. 32810. Ramirás (Ourense)
Ficha:
No hay comentarios:
Publicar un comentario