10 may. 2017

TEMOS unha GRAN CARPA = Seguro de FESTA

Festeiras e festeiros, bailadores e bailadoras...


Este ano temos previsións meteoroloxicas incertas. Pero coma sempre a nosa gran carpa estará montada para darnos sombra do sol, e pra cubrirnos da chuvisca, se é que ven. De novo, desde Rebulir podemos dar SEGURO DE TROULA. Unha carpa máis grande que a utilizada en anos anteriores velará polo lecer dos nosos visitantes. Serán case 300 metros cadrados os que habilitaremos para que esteades "ao cuberto".

Ademáis, como atractivo engadido... durante a noite teremos reparto de viño, licores, queimada e doces para que o corpo queza e non pare o baile. 

Non hai excusa. Collede zapato cómodo, abrigo e o espítu festeiro e vémonos en VILAVIDAL o vindeiro Sábado 13 !!! 

No hay comentarios: